Blog

Hic sunt dracones

Unha das cousas máis bonitas e terribles de empezar un novo proxecto é esa vertixe dentro dun, esa incerteza de non saber cara onde conducirá a estrada. Máis nun proxecto tan persoal coma este blog, que ten que recoller os desvíos e reviravoltas da vida, desta miña vida que de carreiros e meandros sabe un bo pouco. Así de primeiras, penso escribir de plantas e máquinas, de plumas i espadas, de dentro da mente e de fóra no campo, desa cadea de contrarios que compoñen o meu día a día.

Seguir lendo